www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Feridas dúas veciñas de Rianxo que tiveron que ser excarceradas do coche co que envorcaron en Catoira
 
 Enviada o 24/08/2010 na categoría: Novas
Dúas veciñas de Isorna, en Rianxo, resultaron feridas onte nun espectacular accidente que tivo lugar no viario que vai desde a rotonda da gasolineira á ponte de Catoira, en dirección a Rianxo. O sinistro tivo lugar sobre a unha da tarde, cando o Seat Ibiza matrícula C-7210-AZ no que viaxaban patinóu e quedou envorcado na calzada, o que obrigou aos bombeiros a excarcerar ás dúas ocupantes do vehículo, que resultaron ser M.R.C.F., que conducía o turismo, e a súa nai. A primeira sufriu feridas leves e foi trasladada por unha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés, mentres que á segunda, que podería ter unha perna rota, trasladouna a unidade de Protección Civil de Vilagarcía. No operativo colaborou tamén Protección Civil de Catoira e a Garda Civil de Tráfico.

A choiva provocou onte varios accidentes na comarca, aínda que sen consecuencias graves.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/08/24/0003_8686034.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Busca Costaweb

Ter todos os enlaces de internet da zona. E un proxecto ambicioso e intentamos consegi-lo. Axudanos si non está algunha que vostede coñeza. INFORMANOS.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.