www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



As citas previas para renovar o DNI en Ribeira son xa para outubro A única opción para non esperar ao outono é acudir persoalmente ás dependencias policiais e facer cola
 
 Enviada o 20/08/2010 na categoría: Novas
O peor é que nas comisarías máis próximas, como a de Santiago e Vilagarcía, a situación é similar

Renovar o DNI continúa sendo un auténtico calvario. Se o das unidades móbiles que acoden aos concellos é o colmo da desesperación -hai veciños que esperan ata sete meses para tramitar o documento- o da comisaría ribeirense tampouco queda atrás. Actualmente, as citas previas que se dan para facer ou renovar o Documento Nacional de Identidade nas dependencias policiais de Santa Uxía son xa para o mes de outubro.

As dúas opcións que hai para pedir cita previa para renovar o carné son chamar por teléfono -ao número 902 247 364- ou facer a solicitude por Internet -a través da páxina web www.citapreviadnie.es-. Últimamente, cando un toma un deses camiños, adoitan pasar dúas cousas. Ou lle ofrecen unha cita para o mes de outubro -onte pola mañá estábanse dando para o día 18- ou directamente dinlle que non hai datas dispoñibles e que mire noutra comisaría. Así de simple. Esta última circunstancia dábase tanto onte a media tarde como antonte.

A alternativa

¿Que facer para non esperar ata o mes de outubro? A alternativa é a seguinte: todos os días repártense números para renovar o DNI nesa mesma xornada. Polo tanto, o que poden facer os cidadáns é acudir ás dependencias policiais, situadas na rúa Miguel Ángel Rodríguez Bautista, e intentar conseguir vez. O problema é que hai que madrugar excesivamente. De feito, hai xente que chega ás sete e pico da mañá e xa queda sen o seu correspondente número. Aínda quedaría unha alternativa máis, que sería esperar toda a mañá nas oficinas e intentar que, se queda algún oco libre, poida facerse con el.

O peor do asunto é que non se soluciona nada viaxando a outra cidade. Non en balde, as citas previas para renovar o DNI en comisarías máis ou menos próximas, como é o caso de Santiago ou Vilagarcía, tamén son para o mes de outubro. é máis, nas grandes urbes galegas as cousas están bastante peor, e hai que soportar enormes colas para realizar este trámite.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/08/20/0003_8679122.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Parque Natural de Corrubedo

Web do Parque Natural de Corrubedo. Subvencionada Consellería de Medio Ambiente. XUNTA DE GALICIA
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.