www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Presentado na Pobra o Plan Ágora a comerciantes do Barbanza
 
 Enviada o 15/08/2010 na categoría: Novas
A directora xeral de Comercio explicoulle aos profesionais do sector o paquete de medidas estratéxicas impulsado pola Consellería de Economía e Industria, para contribuír ao progreso e á innovación do pequeno comercio en Galicia
A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, explicoulle onte aos comerciantes do Barbanza o contido do Plan Ágora, Agora Re-comercia, presentado o pasado 2 de xuño polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para o que a Consellería de Economía e Industria destina 129 millóns de euros. Durante a súa intervención, Nava Castro definiu o pequeno comercio como unha peza clave no desenvolvemento económico, social e turístico de toda Galicia e fixo referencia á aposta do goberno galego por lle dar prioridade ao desenvolvemento dunha ferramenta de actuación integral eficaz para o progreso e a innovación do comercio de proximidade, especialmente na delicada situación económica actual.

O Plan Ágora, Agora Re-comercia é un paquete de medidas estratéxicas dirixidas a reactivar, dinamizar e apoiar o pequeno comercio de todas as localidades galegas, polo que constitúe unha das iniciativas máis ambiciosas da Consellería de Economía e Industria. A través deste plan, apoiarase a modernización do pequeno comercio, a innovación e a incorporación das novas tecnoloxías. Impulsarase a cooperación empresarial, a formación continua dos comerciantes, o fomento da calidade tanto no comercio coma nos produtos. Contribuirase tamén á dinamización tanto do comercio urbano coma do rural, estimulando o comercio local e apoiando especialmente os centros comerciais abertos, a venda ambulante, a modernización dos mercados municipais así coma o incremento e mellora do comercio nas zonas rurais da nosa Comunidade Autónoma.

Algunhas das importantes novidades que introduce o Plan Ágora son a creación do Observatorio do Comercio de Galicia, como órgano asesor, consultivo, de estudo e formación en materia de comercio; e a Rede de Dinamización do Comercio (REDIC), que funcionará coma un enlace permanente entre a Xunta de Galicia e o sector, con medidas de formación, asesoría e promoción da calidade. A REDIC permitirá descentralizar a política comercial do goberno galego e, polo tanto, establecer unha relación máis próxima e eficaz da administración co sector comercial. Nava Castro sinalou que a intención da Consellería de Economía e Industria foi elaborar un plan de actuacións amplo e axustado ás necesidades reais do sector, co obxectivo de que funcione como motor da modernización do sector comercial galego.


Instituto Galego de Consumo


No acto participou tamén a xerente do Instituto Galego de Consumo (IGC), Mª Jesús Muñoz Chesa, que presentou o novo plan de financiamento das asociacións e federacións de consumidores de Galicia avanzado en Santiago esta mesma mañá polo conselleiro Javier Guerra, que dota con 605.000 euros a estes colectivos co obxectivo de impulsar a mediación como fórmula de resolución de conflitos naqueles sectores considerados clave no marco do diálogo cos representantes dos consumidores a través da creación, por primeira vez en Galicia, de 6 observatorios de ámbito autonómico.

Todos estes colectivos, de ámbito autonómico, contarán a partires de agora con financiamento autonómico para facelos partícipes, no marco dunha estratexia consensuada coas federacións e as asociacións, dos obxectivos prioritarios que ten a Consellería de Economía e Industria, “que son defender os dereitos do consumidor, a resolución áxil das reclamacións a través da vía da mediación, e a potenciación e profesionalización dos colectivos de consumidores en Galicia”.

No marco deste plan de actuacións do IGC tamén se inclúen accións relacionadas coa educación financeira, coa normativa sectorial propia ou co reforzo do teléfono gratuíto do consumidor 900 23 11 23. Así mesmo, a xerente do IGC destacou que se lle prestará especial atención ao pequeno comercio é á formación de árbitros de consumo, co obxectivo de incrementar a interlocución con este sector, potenciar a mediación nas reclamacións e colaborar na transparencia e no funcionamento do mercado.

Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

BUSCADOR de festas de Galicia

Magnifico buscador de todas as festas galegas.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.