www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O Estado poderá cobrar a algúns presos o gasto da súa manutención
 
 Enviada o 12/12/2012 na categoría: Novas
O Constitucional avala que se reste do subsidio non contributivo e abre a porta a que se faga a enfermos en hospitais e a pensionistas en comedores sociais.
O Estado e as comunidades poderán a partir de agora cobrar a manutención no cárcere de milleiros de presos. E talvez a algúns enfermos internos en hospitais. O Tribunal Constitucional (TC) fallou que é legal que as diferentes Administracións desconten o prezo das comidas dos reclusos se estes cobran pensións non contributivas.
Tras unha larguísima controversia xurídica, a sentenza establece que «a prestación alimenticia percibida na prisión ten a consideración de prestación pública a efectos do seu cómputo como renda percibida» e que, xa que logo, pode ser descontada dun subsidio cuxo obxectivo é, precisamente, garantir a manutención. En síntese, que é incompatible recibir dúas axudas públicas polo mesmo concepto: comer.
A manutención, unha prestación.
Os seis maxistrados do Constitucional aseguran que o preso non está a ser discriminado porque nin el nin o resto dos internos «pagan» a súa alimentación, polo que rexeitan que se violen as recomendacións da ONU.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2012/12/10/estado-podra-cobrar-presos-gasto-manutencion/0003_201212G10P14991.htm


Entradas relacionadas:
 

INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.