www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Ribeira: os cisnes seguen a facer turismo pola Ría de Arousa, desta volta en Aguiño
 
 Enviada o 15/08/2010 na categoría: Novas
Lémbranse duns cisnes (disque mudos) que estiveron nos últimos meses por Boiro e que tamén foron avistados en Palmeira e na Pobra? Pois seguen de turismo por estas terras: e se non son os mesmos, moito se lles asemellan.

Estes días foron avistados en Aguiño, como poden ver nas fotos que nos cede un amable lector. Se atendemos á súa morfoloxía, son os típicos cisnes comúns (nome científico, cygnus olor), tamén chamados mudos porque non emiten fortes trompetazos coma outros da súa mesma familia, a dos Anatidae ou anseriformes. É o segundo por tamaño entre os diversos tipos de cisnes que hai (o máis grande é o cisne trompeteiro, que, como o seu nome indica, si que da a lata).

Como os animais son mudos -insistimos- os que os avistan só poden preguntarse de onde veñen, se escaparon dalgún zoo ou parque municipal, etcétera... sen obter resposta. Idealizados polos contos -O parrulo feo- e algunhas fotografías como ésta, os cisnes seguen a ofrecer belas estampas para os que teñen unha cámara a man e imaxes bucólicas para os que se atopan con eles de xeito sorpresivo.

Fuente: www.certo.es


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Festa Vikinga de Catoira

Páxina web da Festa Vikinga en Catoira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.