www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



FESTA DA GUIA
 
 Enviada o 23/05/2012 na categoría: Festas
Este ano o día 27 de maio será en Honra da Virxe do Carme, e o luns 28 de maio, como non, en honra da Nosa Señora da Guía, patrona de tódolos veciños de Carreira.
Cos tempos que corren cada vez costa máis organizar unhas festas. Este ano tivemos que recorrer en busca de ingresos atípicos, e para conseguilo traballamos a reo. Foron moitas as hora que lle tivemos que dedicar a este labor; mais cando se consegue o que se pretende que non é máis que que os carreiráns se sintan orgullosos das súas festas, se é así, os nosos sacrificios, tanto da Comisión como do pobo, veranse dobremente compensados.
Ben é certo que unha parroquia pode pasar sen unhas festas, mais esta Comisión pensa que hai que facer o posible e sacrificarse para que isto non ocorra, e que non perdamos os valores que os nosos maiores nos ensinaron. As festas unen aos veciños e familias, cantos non esperamos estes días para invitar ás nosas casas ás persoas que recordamos a miúdo, pero coas que só podemos estar en contadas ocasións. Agora máis que nunca é cando nos temos que acordar da xente amiga e querida, da familia. Desfrutemos con todos eles destas festas e fagamos que todos cantos nos visiten leven un grato recordo de Carreira.


Moitas grazas a todos os que fixestedes posible estas festas, agora informarémoslles do programa de festas que temos para estes dous días:

DOMINGO 27 DE MAIO
09:00h Dianas e alboradas con bombas de palenque.
09:30h Pasacalles con gaitas do país.
11:00h Na capela INCHABLES e XOGOS para os nenos
12:30h Misa solemne na Honra da Virxe do Carme e Procesión
No campo da GUÍA trofeos "Festas de Carreira"
17:30h Pre-benxamín Carreira C.F. - Porto do Son
18:30h Benxamín Carreira C.F. - Porto do Son
19:30h Fútbol CASADAS - SOLTEIRAS
CASADOS - SOLTEIROS
22:00H Gran Verbena a cargo das Orquestras
¡¡¡PANORAMA E
CHARLESTON BIG BAND!!!

LUNS 28 DE MAIO
09:00h Dianas e alboradas con bombas de palenque
09:30h Pasacalles con gaitas do país
10:00h Mañá e tarde haberá percorrido en tren por Carreira

Misas as 8, 9, 10, 11, 12, 18, 19 e 20

Ás 13:00h Misa solemne na honra da Virxe da Guía, cantada pola Cora de Carreira e Procesión

22:00h Gran verbena a cargo das orquestas:
¡¡¡ PARIS DE NOIA
E
SALSA ROSA!!!

Fuente: http://www.festadaguia2012.costaweb.es


Entradas relacionadas:
 

Páxina oficial de Rianxo

Páxina web oficial de Rianxo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.