www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O TSXG declara ilegal a piscifactoría da Laxe Brava, ás portas de Corrubedo
 
 Enviada o 27/02/2012 na categoría: Novas
O TSXG vén de anular a prevista piscifatoría da Laxe Brava en Corrubedo. Estima o recurso presentado polo concello de Ribeira contra esta instalación, veciña ao Parque Natural. Na súa fundamentación, o TSXG argumenta "que todos eses valores paisaxísticos e ambientais poidan ser preservados por una instalación de acuicultura que ocupe as dúas terceiras partes dun espazo de 308.000 m2 é algo do que cabe dubidar". Deste xeito, unha das instalacións máis polémicas do Plano Acuícola do bipartito (e situada fóra da Rede Natura) queda anulada.

Para Adega, a sentencia pode afectar ao Plano Director do PP, actualmente en tramitación por parte da Xunta

En opinión de Adega, "o TSXG recoñece o impacto das macroplantas acuícolas mesmo fóra da Rede Natura e chama a atención sobre a intensa e inxustificada ocupación do chan rústico", o que pode afectar, segundo a organización ecoloxista, ao Plano Director do PP, actualmente en tramitación por parte da Xunta, que mesmo permite piscifatorías en parques naturais e aposta pola concentración das instalacións en macropolígonos. Esta sentencia, en definitiva, segundo Adega, poñería en cuestión a "seguridade xurídica" salientada polo Goberno galego.

Con esta sentenza, o TSXG "senta precedente e abre a porta para que calquera cidadán, colectivo ou administración poida facer valer a protección do litoral fronte ao intento de asalto da patronal acuícola coa connivencia da Xunta", segundo Adega. Para os ecoloxistas, "tanto ten que Feijóo teña declarado a acuicultura 'de interese público de primeira orde' para puentear a Rede Natura, non é posíbel agochar os enormes impactos ambientais e territoriais destas instalacións e a Xunta non pode obvialos".

Os ecoloxistas cren que esta sentencia afasta "o obxectivo de Pescanova de ocupar Touriñán"

Adega conclúe que esta sentencia afasta "o obxectivo de Pescanova de ocupar Touriñán" e "calquera outro treito de costa que albergue valores paisaxísticos, biolóxicos ou xeomorfolóxicos destacados"

Fuente: http://praza.com/movementos-sociais/262/o-tsxg-declara-ilegal-a-piscifactoria-da-laxe-brava-as-portas-de-corrubedo/


Entradas relacionadas:
 

Festa Vikinga de Catoira

Páxina web da Festa Vikinga en Catoira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.