www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Causa Galiza súmase a posibilidade de crear unha “fronte plural” da esquerda
 
 Enviada o 14/02/2012 na categoría: Novas
A iniciativa popular pola autodeterminación Causa Galiza comezará conversas con EI e outros colectivos para crear un “frente amplo” da esquerda e do soberanismo galego

Este colectivo destaca o paso dado este domingo polos militantes de EI para a constitución dunha nova “fronte ampla nacionalista, plural e co centro de gravidade na esquerda”. Neste senso, destacan as palabras de Xosé Manuel Beiras no sentido de que a futura frente nacionalista “debe ser respectuosa con todas as sensibilidades soberanistas e independentistas, ampla, ligada aos movementos sociais de base e anticapitalista”.

En base a estas declaracións e a expectación xerada pola posibilidade de que boa parte das formacións da esquerda galega se xunten nunha nova plataforma política, Causa Galiza decidiu abrir “conversas formais” para explorar o proceso de definición do novo referente político da esquerda soberanista.


A “enerxía” dos militantes independentistas

“Causa Galiza achegará a este proceso a perspectiva política e a enerxía militante dos sectores que vimos traballando na construción do espazo sociopolítico da esquerda soberanista e independentista”, apuntan nun comunicado.

Así, insiste na necesidade de que todos os sectores soberanistas e independentistas se incorporen e enriquezan o proceso de acumulación de forzas. “Estase a abrir un novo ciclo político no País e no campo nacionalista. Achamos pertinente sumar esforzos para levantar ese novo referente político que Galiza necesita, cimentado sobre a superación do actual cadro xurídico-político e a defensa dos intereses inmediatos e estratéxicos do Povo Traballador Galego”, conclúe.

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/9673.html?&pag_com=1#anchor_paginador


Entradas relacionadas:
 

Páxinas Locais

Buscador Teléfonico para a nosa comarca.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.