www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



A dirección de Esquerda Nacionalista abandona o BNG
 
 Enviada o 11/02/2012 na categoría: Novas
A Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista (EN) aprobou por unanimidade trasladar aos seus militantes a decisión adoptada hoxe de non continuar formando parte do BNG.

"Non é unha decisión contra nada nin contra ninguén; é unha decisión política", dixo en declaracións a EFE o secretario xeral de EN, Xosé Chorén.

A decisión do órgano de dirección de Esquerda Nacionalista foi adoptada no transcurso dunha asemblea celebrada na mañá de hoxe.

Chorén explicou que o resultado da reunión de hoxe será agora analizada en asemblea pola militancia de EN, que deberá ratificar ou non a proposta da dirección de abandonar o BNG.

"A decisión fundamentouse na idea de que non hai espazo no seo do BNG actual para que se poida desenvolver a praxe política de Esquerda "Nacionalista , declarou o seu secretario xeral.

As diferenzas, dixo, son "de fondo en canto ao plano político, e teñen que ver co resultado da última asemblea do BNG e o documento político aprobado, que entendemos que non representa a nosa posición en cuestións importantes", subliñou.

O futuro de EN, segundo o seu secretario xeral, pasa, en primeiro lugar, por someter a decisión adoptada hoxe aos militantes e tamén "esperar que decisións van tomando outras partes do BNG que están a pasar por unha situación similar".

"Non fixemos ningún tipo de discurso contra o BNG, as valoracións foron estritamente internas", sinalou Xosé Chorén.

"Co BNG compartimos proxectos durante moitos anos", indicou, e engadiu que "as diferenzas políticas non teñen que ser prexuízos cara ao BNG, nin moito menos, no que temos un importante número de amigos e amigas".

Fuente: http://www.galiciae.com/nova/150295.html?lang=gl


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxina oficial de Rianxo

Páxina web oficial de Rianxo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.