www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O primeiro condenado no caso Gürtel é... Garzón
 
 Enviada o 10/02/2012 na categoría: Novas
O Tribunal Supremo condenou este xoves o xuíz Baltasar Garzón a 11 anos de inhabilitación polas escoitas en prisión aos cabecillas da trama Gürtel, o que significa a súa expulsión da carreira xudicial. A condena, durísima, engade o pagamento dunha multa e as costas do proceso e sinala que o maxistrado da Audiencia Nacional vulnerou de forma "drástica e inxustificada" o dereito de defensa de Francisco Correa, Pablo Crespo e Antoine Sánchez, o que lle suporá a "perda definitiva" do cargo.

O tribunal di que non se podía gravar “sen dispor de ningún dato que puidese indicar minimamente, nunha valoración razoable, que a condición de letrado e o exercicio do dereito de defensa estaban a utilizarse como coartada para facilitar a comisión de novos delitos”. Hai dúas semanas o ex presidente da Comunidade Valenciá, Francisco Camps, foi absolto por un xurado popular dun delito continuado de suborno por aceptar agasallos da trama Gürtel.

Rivas: "A sentenza ten un efecto de intimidación e traslada a interiorización do medo"

Para Manuel Rivas, que manifestou publicamente o seu apoio a Garzón en numerosas ocasións, afirmou para Praza que a sentenza "será moi celebrada por corruptos, narcos e todo tipo de alta delincuencia". Ao fío da frase de Albert Camus, quen dixo que a vitoria do franquismo escenificara "a derrota da humanidade", o escritor galego afirmou que "todo isto que está pasando con Garzón encarna a derrota da humanidade no noso tempo". Rivas conclúe que a sentenza "ten un efecto de intimidación e traslada a interiorización do medo. Despois desta sentenza en España hai moita menos democracia, non se corresponde coa imaxe que este país se autooutorga".

Pola súa banda, Manuel Dios, un dos voceiros da Plataforma Galicia con Garzón, cre que o proceso "é a crónica dunha infamia anunciada dende hai tempo; querían darlle un escarmento a el e a todos o xuíces que se atrevan a investigar a corrupción". Para o presidente do SGEP, "triunfaron as teses daqueles non toleraron que Garzón investigase de maneira obxectiva e independente os casos de corrupción". Hoxe ás oito da tarde estaba xa convocada unha xuntanza na Coruña da plataforma galega de apoio ao xuíz.
Reaccións

A sentenza xa foi valorada por Esperanza Aguirre, que a cualificou de "triunfo do Estado de Dereito, porque demostra que o fin, por moi loable que sexa, non xustifica os medios". Pola contra, Jiménez Villarejo, ex fiscal anticorrupción, definiu esta tarde o Tribunal Supremo como "caste de burócratas ao servizo da vinganza institucional". O New York Times publicou o pasado domingo un editorial que afirmaba que "procesar a Garzón é unha ofensa á xustiza e á historia". Onte mesmo quedou visto para sentenza o segundo xuízo celebrado contra el no Tribunal Supremo, por un presunto delito de prevaricación cometido ao investigar os asasinatos masivos realizados pola ditadura franquista, despois dunha denuncia do sindicato ultradereitista Manos Limpias.

Fuente: http://praza.com/politica/118/o-primeiro-condenado-no-caso-gurtel-e-garzon/


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

GALIWEB

Web de publicidade que incluye web`s galegas.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.