www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Achan o cadáver dun dos axentes desaparecidos no Orzán
 
 Enviada o 02/02/2012 na categoría: Novas
O corpo atopado esta mañá na praia coruñesa do Orzán é o do axente do Corpo Nacional de Policía Rodrigo Maseda Lozano, desaparecido no mar o pasado venres xunto a outros dous compañeiros cando intentaban rescatar a un estudante eslovaco, que tamén se busca.

A Delegación do Goberno en Galicia confirmou nun comunicado o achado do corpo do axente, ocorrida ao redor das 11:00 horas de hoxe.

Os familiares do policía trasladaranse ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e o delegado do Goberno, Samuel Juárez, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, reuniranse a partir das 13:00 horas con eles.

No accidente faleceu outro axente, Javier López López, cuxo corpo foi recuperado nas horas posteriores á traxedia, mentres continúa a procura por mar e aire do outro policía e do mozo eslovaco, informaron a Efe fontes de Salvamento Marítimo.

Fuente: http://www.galiciae.com/nova/148174.html?lang=gl


Entradas relacionadas:
 

Páxina web oficial de Carreira

Páxina web oficial da Parroquia de Carreira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.