www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O mes de xaneiro foi o segundo peor comezo de ano de toda a serie histórica
 
 Enviada o 02/02/2012 na categoría: Novas
Suma e segue. Non chorou hoxe a Candeloria nin falta que fixo para comezar o segundo día do mes de febreiro con datos para as bágoas. A destrución de emprego, a verdadeira crise económica española, corre e voa mes a mes sen que amose síntoma algún de pretender deterse. No mes de xaneiro o desemprego aumentou en máis de 174.400 persoas en todo o Estado. Foron 47.000 persoas máis que no mes de xaneiro de 2011, 53.000 máis que dous anos atrás... Así ata continuar nunha sucesión case infinita dun desastre real que non se combate con austeridade, como así o reflicten as estatísticas.

Á hora de analizar os datos do desemprego hai que diferenciar entre paro rexistrado e Enquisa de Poboación Activa (EPA). Os datos que coñecemos este xoves son os que elaboran os servizos de emprego e difunde o Ministerio de Trabajo. Hai unha lixeira diferenza entre ambos, de aí que o Goberno central difunda hoxe que o número de desempregados contabilizados estea por debaixo dos 4,6 millóns de persoas cando a EPA xa avanzou que o paro supera con facilidade os cinco millóns.

O número de traballadores que perderon o seu emprego en xaneiro aumentou un 4% intermensual e un 8,72% interanual. Estas porcentaxes reflicten que non houbo recuperación do mercado laboral e que as caídas puntuais no número de parados explícanse co chamado efecto estacional do calendario. De aí os datos non foran tan severos no verán (contratación eventual para a hostalaría, por exemplo) ou en setembro (no agro, para as campañas de recollida da uva ou as olivas). En Galicia, desde logo, non hai ningunha fiestra pola que entre esa luz que simboliza as recuperacións en moitos discursos económicos ou políticos.
Galicia e a destrución neta

Se o desemprego medrou en España un 8,7% no último ano, en Galicia o incremento foi do 10,35%. No último mes a suba foi superior ao 5%, un punto por riba da media do Estado. Isto traduciuse na destrución de máis de 13.000 postos de traballo no último mes e máis de 25.400 no último ano. Foi o chamado terceiro sector (ou o servizos) o que máis persoas mandou ao paro durante xaneiro, con máis de 9.100 persoas. Todos os sectores de actividade eliminaron emprego. O agro foi o menos lesivo para o mercado laboral, con 189 traballadores menos. A industria e a construción eliminaron 1.238 e 1.877 postos de traballo, respectivamente.

Asímesmo, a estatística oficial non contabiliza ás persoas que, por exemplo, realizan cursos de formación. O exministro Jesús Caldera permitiu, na primeira lexislatura de Zapatero, crear os denominados Denos (demandantes de emprego non ocupados). Se tomamos estes datos por bos, o paro en Galicia non sería de 270.000 persoas senón de 287.773 galegos.


Estas son as estupendas medidas do pack "Anticrise en menos de 45 días" disexado por o ínclito Feixón.Temos o que nos merecemos, disfruten do votado.
Máis sobre Economía

s

hai 2 horas | Economía
A desconfianza ou a usura financeira
s

hai 3 horas | Economía | 2 comentarios
A Xunta quere adquirir cadros de NGB para levalos á Cidade da Cultura

O "escurantismo" oficial

Tras coñecer os datos de emprego, un lector de Praza, experto no eido laboral, reparou na ausencia de certos datos no arquivo difundido polo Ministerio de Empleo. En concreto no tocante aos datos de afiliación por comunidades autónomas e provincias. "Empeza o escurantismo do Goberno", apuntou un traballador do Servizo Público de Emprego de Galicia. "É a primeira vez que non se desglosan estes datos", constatou.

E así é. Nin no boletín de desemprego nin no de afiliación, este último elaborado pola Seguridade Social, aparece o número de afiliados que se deu de baixa en Galicia no último mes. "Rompen unha dinámica ao non difundir estas cantidades", sentenciou.

Fuente: http://praza.com/economia/46/o-mes-de-xaneiro-foi-o-segundo-peor-comezo-de-ano-de-toda-a-serie-historica/


Entradas relacionadas:
 

BUSCADOR de festas de Galicia

Magnifico buscador de todas as festas galegas.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.