www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Segue a Historia en Rede
 
 Enviada o 31/01/2012 na categoría: Novas
Chegou á clínica quince minutos antes da cita. Hoxe tocáballe sesión de mañá. E case que mellor porque así lle quedaba a tarde libre. Aínda que non saiba moi ben para que quere a tarde libre se o seu tempo, todo, pode dicirse que é tempo libre. Pero son ese tipo de cousas que adoitamos dicir aínda que non teñan moito significado. Son frases feitas. Tampouco hai que darlle máis trascendencia.

-Ola Mercedes, teño cita ás doce.

- Chegaches cedo, Fausto. Pero non te preocupes. Senta aí. A doutora Branco recibirache en nada. Hoxe as citas van moi rápidas e igual podes entrar antes e todo.

Mercedes, a secretaria da doutora Branco indícalle coa cabeza e sen perder o sorriso co que sempre recibe a todos os pacientes, onde debe sentar. Mercedes docísima, que non deixa traslocir, nunca, o que pensa dos que entran pola porta da clínica da doutora Branco, Clínica de Psicoloxía, así, con maiúsculas como informa na placa que hai debaixo, no portal da rúa, debaixo e en pequeno, o número de licenciada. Mercedes recibe a todos cun sorriso que non é deses de compromiso ensaiado. Cando menos a Fausto parécelle que non é así, e agradece moito, pero moito en verdade, eses dentes brancos, esa boca sincera con que o recibe cada día, en fin, a el e a todos os que entran na clínica para ter sesión coa Doutora Branco (ata aquí escribiu FRANCISCO CASTRO)

...e tal e como transcorrira a sesión de onte, hoxe Fausto, agradeceu a amabilidade de Mercedes con máis motivo. A doutora Branco deixara translucir a posibilidade de recorrer á hipnose na súa terapia co fin de encher as lagoas da vida de Fausto. Pero a un tipo tan celoso do seu, a soa idea de que lle andivesen a remexer no seu inconsciente arrepiáballe. Se a súa mente decidira enviar eses arquivos e todos os seus compoñentes directos á papeleira de reciclaxe sería porque non eran necesarios.

Da porta verde da consulta saíu Paz e a Fausto ilumináronselle aínda máis os ollos. Paz era unha moza de longo cabelo ondulado e uns ollos verdes intensos e francos. Trabaran amizade na sala de espera e dende aquela era a única persoa que se preocupaba polo estado de Fausto. Iso facíalle sentirse ben, cousa que nos últimos tempos apenas lle pasaba.

-Ola Fausto, alédome de verte! Temos que buscar un momento para falar dos últimos progresos nas miñas pesquisas. Non o vas crer.

-Ola Paz. Xa che dixen que o deixaras estar...

-Chámote máis tarde. Adeus.

E saíu pola porta tan resolta como era ela. Mercedes fíxolle un aceno a Fausto para que pasase á consulta (ata aquí escribiu Son Eu - Dina Carpente)

Entrou tentando debuxar un sorriso para a psicóloga.

-Bos días, señor Pereira. Como levou a tarde de onte?

- Bos días doutora. Boh, sen moitos cambios. Continúo a pechar todas as pechaduras e non fun capaz de apagar a luz para dormir esta noite. Mais conseguín dormir sen o seu vestido.

- Ben, hai que ter paciencia. Estas cousas non son así tan simples e ha levar tempo. Imos avanzando. Pensou no que lle propuxen? Penso que lle iría de veras ben a hipnose.

- A verdade é que prefiro seguir coa terapia de momento.

Fausto, outra vez cobarde, outra vez saíndo pola porta de atrás en vez de afirmarse.Cando miraba a doutora, vía a súa nai, e non era capaz de dicirlle que non, “NON!”, así de sinxelo, pero a ela non, á súa mamá nunca lle puido dicir que non, nunca... nin despois ás súas poucas mozas, nin agora podía dicir á doutora Branco que aí estaba a raíz. Alí no escuro da súa alma, sacudido por marés que o sacaba a flote ou o enterraba, escondíase o cubo de lixo que Fausto non deixaba remexer a ninguén. E no fundo do cuba, amontoábanse todos os “NONS!” que gardara para el.

-Como queira, pero prométame que o pensará en serio.

-Si, prometo.

As súas mans non paraban de lle recordar que era un cobarde. O tremor dicíalle “medorento”, a suor gritáballe “galiña” e os seus ollos non eran quen de fitar diante (ata aquí escribiu Elisabeth Oliveira).

Fuente: http://www.facebook.com/notes/historia-en-rede/sigue-a-historia-en-rede/101419616649130


Entradas relacionadas:
 

Páginas Amarillas

Buscador Paginas Amarillas
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.