www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O "corralito" galego
 
 Enviada o 26/01/2012 na categoría: Novas
Non hai cifras exactas -¡ah, a transparencia!- pero o río que soa di que podería haber en torno a un millón de pequenos investidores –12.000 millóns de euros no conxunto da banca española- que apostaron os seus aforros ás chamadas “participacións preferentes”: un produto financeiro que converteu a miles de investidores ga-lle-gos en accionistas perpetuos dun banco en ruína.

Por Xurxo Salgado | | 26/01/2012

menéame
Chuzar
Do Melhor
Cabozo
facebook
twitter
my space
del.icio.us

versión para imprimir

En efecto, as participacións preferentes, segundo a CNMV, teñen “carácter perpetuo e a súa rendibilidade non está garantida; non confiren participación no capital da entidade nin dereito a voto; a súa rendibilidade está condicionada á obtención de beneficios distribuibles por parte do emisor, etc.”
¡Quen inventará estes artefactos implosivos! No canto de bonos do Tesouro, Vostede quixo gañar un pouco máis (poñamos un 7%) e arriscou no Gran Casino da banca especulativa. Pero, si Vostede é galego e optou por Caixa Galicia ou Caixanova, saiba que perdeu: ten participacións a perpetuidade dunha entidade que xa non vale nada. E, ademais, si Vostede obrou de boa fe e deixouse asesorar pola súa oficina de cabeceira, crendo que a Caixa era un monte de piedade benéfico, sen ánimo de lucro, obrigado pola súa propia natureza a fins sociais, é probable que Vostede se sinta moi estafado.

Si Vostede apostou polo Banco de Santander, por exemplo, a estas alturas xa tería canxeadas as súas preferentes por accións reais do Banco como fixeron o 98,88% dos seus investidores. Pero, claro, non imos comparar unha acción do Santander cunha de Novagalicia Banco: os mercados carecen de escrúpulos pero non son parvos. De modo que as súas moi preferentes participacións en Caixa Galicia e Caixanova xa non valen nada: a entidade non ten liquidez e non hai quen as queira no mercado.

Castellanos

As caixas que captaron as súas aforriños revólvense como gato panza arriba ante a perspectiva de ter que devolver a cada cliente o seu diñeiro contante e sonante (que, doutra banda, ¿de onde o van a sacar si están tesas e xa se puíron o diñeiro público do FROB e mais os aforros alleos?). Así pois, chamando ás cousas polo seu nome, estamos ante un verdadeiro “corralito” galego de non te menees, a piques de estalarlle no nariz ao señor Castellano (900.000 euros/ano) e aos seus millonarios investidores que seguen sen aparecer. E o Banco de España, de palanganeiro.

Sen saber de economía moito máis que o que aprendeu Zapatero naquelas dúas tardes, todo o que está ocorrendo nas Caixas galegas é de Manual do Sentido Común. Un exército, un hospital, un club de fútbol, calquera grupo humano integrado por profesionais con experiencia, con mellor ou peor coñecemento do seu, coa súa boa vontade acreditada... é imposible dirixilo, impulsalo, gobernalo cara a algunha meta sen un mínimo de entusiasmo, de fe na tarefa común, de moral, por dicilo en términos deportivos.

No aspecto humano, as excaixas de aforro galegas están máis desfondadas que o Alcoyano. O persoal resultante de agregar Caixa Galicia+Caixanova é un conglomerado desmotivado e desnortado. Basta entrar en calquera oficina para comprobalo. Un Titanic financeiro máis á deriva que o Costa Concordia. Eses profesionais sufriron a humillación de ser levados e traídos, comprados e vendidos, como mercancía humana, na lonxa de escravos bancarios, mentres os seus xefes íanse de rosiñas, logo de ter saqueada “a Caixa” con sablazos millonarios.

¿Que se pode pedir a un empregado nestas circunstancias? ¿Exemplaridade, laboriosidade, motivación, traballo en equipo, morrer pola causa, mentres os seus xefes xogan ao golf no Caribe? Os que coñezo desde fai 25 ó 30 anos –empregados modélicos, noutro tempo rifados pola puxante banca- roldan os 50 e moito, e esperan a lotaría da prexubilación. Todos os demais están desorientados: cada mañá descobren que traballan para unha empresa nova, xa non saben que nome figura nas tarxetas, impresos, que sistema operativo teclean, que dicir aos clientes alarmados, que produtos financeiros ofrecen (¿a quen?).

O que non se sabe

Todo isto non se menciona nos informes do Banco de España, nin nas hipotéticas saídas a bolsa, nin nos debates parlamentarios: pero está aí, na medula das nosas excaixas, xa mortas para sempre, é o cancro que as carcome por dentro: están desfondadas e, ademais, non teñen un duro. Pura enxeñería financeira: o mesmo valen 4 que 40, activos inflados, balances que pertencen ao xénero da ciencia ficción. Eu tamén tiña un piso que valía 50 quilos; e o meu primo, outro; e o meu veciño, tres. As nosas Caixas acumulan nos seus pasivos o meu piso, o do meu primo e os tres do veciño, e así ¿ata que porción da gran bosta de 176.000 millóns de euros inmobiliarios?

Todo isto sábeno de corrida os traballadores das antigas Caixa Galicia e Caixanova: eles teñen tecleado todas e cada unha das operacións; non foron Gayoso, non, nin Méndez, nin Castellano quen estaba tralo mostrador dando a cara cos clientes, vendéndolles a hipoteca, “veña, a 20 anos, ao 15%, e un seguro de CASER por si morres, non vaias deixar aos teus fillos mal situados (en realidade o único que aseguraban era cobrar o seu propio capital), e fágoche unha tarxeta de crédito, esíxemo a central”. Como, ademais, quedabas contento, levabas os teus aforriños, ou os da avoa; jejeje, sorría o amable director, o interventor pulido, “teño un chollo que che vai a interesar, métochos en par-ti-ci-pa-cio-nes-pre-fe-ren-tes, non llo digas a ninguén, tío, é un produto selecto, só para clientes especiais como ti”. Cadea perpetua.

Agora, mentres uns gozan do seu retiro dourado sen que a Fiscalía Anticorrupción ou o Banco de España lles tusa e outros gañan un millón de euros ao ano por conta do FROB, a fidel infantería de Caixa Galicia e Caixanova as pasa canutas para sobrevivir e poñer cara de póker ante os impositores, cada día máis encabuxados, que se plantan no portelo a buscar o que lles pertence: “Quéroo en efectivo, igual que o trouxen”, escoitei onte nunha oficina. “Non vai poder ser; si queres podo xestionar un pagarei a seis meses...”

¿Seis meses? Logo de anos á deriva, gobernado o timón por almirantes ególatras, o Titanic Financeiro Galego está máis embarrancado que os galeóns de Rande. Dentro de seis meses non existirán nin Caixa Galicia nin Caixanova nin Novacaixagalicia nin Novagalicia Banco, Castellano desaparecerá co rabo entre as pernas (pero coa súa pasta) e os miles de impositores galegos que subscribiron participacións preferentes estarán atrapados no “corralito” e perderán o seu diñeiro. Á beira deste roubo, o do Forum filatélico, unha risa. @Tornarratos

Fuente: http://galiciaconfidencial.com/nova/9496.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=facebook


Entradas relacionadas:
 

Festa Vikinga de Catoira

Páxina web da Festa Vikinga en Catoira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.