www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Máis de 3.000 persoas asistirán mañá ao funeral de Fraga
 
 Enviada o 20/01/2012 na categoría: Novas
Máis de 60 autobuses chegarán mañá a Compostela con galegos procedentes de toda a Comunidade que asistirán ao funeral "case de Estado" do expresidente da Xunta Manuel Fraga, que se celebrará na catedral e que se retransmitirá por unha pantalla xigante na praza do Obradoiro.

Así o explicou aos xornalistas o concelleiro de Seguridade do Concello de Santiago, Albino Vázquez Aldrey, quen confirmou que polo menos 60 autobuses viaxarán mañá á primeira hora a Compostela, ata a avenida Xoán XXIII, onde se apearán os viaxeiros, para posteriormente aparcar os vehículos en Salgueiriños.

Dada a afluencia de público, pois aos viaxeiros sumaranse os composteláns que asistan ao funeral e as autoridades, entre elas o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, ademais do da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o resto de membros do Executivo e institucións galegas, cortaranse ao tráfico as rúas Carretas e San Francisco desde as 9:00 horas, así como a praza do Obradoiro.

Vázquez Aldrey advertiu do pouco tempo que houbo para organizar este acto "tan complexo" á vez que "sinxelo", o que motivou certa "improvisación", e que incluirá, tras o funeral, a actuación da banda de gaitas que interpretará o himno galego.

"É un funeral case de Estado que se vai a realizar na basílica e virá xente de toda Galicia", indicou o concelleiro, quen non apuntou ningunha medida especial de seguridade máis aló das habituais neste tipo de actos.

Así mesmo, o alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa, indicou que a organización do dispositivo de preparación do funeral recae sobre a Xunta e a Delegación do Goberno, coa colaboración do Concello.

Conde Roa expresou o seu desexo de que quen acudan ao acto "poidan estar en Santiago coa maior comodidade posible", algo "difícil" tendo en conta que asistirá "moita xente".

Vázquez Aldrey e Conde Roa pronunciáronse deste xeito aos xornalistas tras asistir esta mañá á conferencia pronunciada por en "o Fórum Europa. Tribunal Galicia" do arcebispo de Santiago, Julián Barrio, quen mañá oficiará a cerimonia na catedral compostelá.

Na súa alocución, Barrio tamén recordou o expresidente da Xunta Manuel Fraga, "quen tanto fixo por esta cidade".

Quixo destacar de Fraga que "foi un home que soubo mirar lonxe, con amplitude e profundidade".

Nese sentido, aludiu á "súa gran capacidade de traballo, gran preparación intelectual e espírito de sacrificio", así como a súa actitude de servidor "da Igrexa, de Galicia e do Estado".

Fuente: http://www.galiciae.com/nova/145193.html


Entradas relacionadas:
 

Museo de Artes

Páxina web do museo de Artes
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.