www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



In memoriam Manuel Fraga Iribarne
 
 Enviada o 17/01/2012 na categoría: Novas
Ex presidente da Xunta de Galicia

Manuel Fraga Iribarne (1922-2012)

Manuel Fraga Iribarne naceu en Vilalba (Lugo) en 1922. Licenciado en Dereito, iniciou a súa actividade política en 1951 como secretario xeral do Instituto de Cultura Hispánica. Posteriormente, ocupou os cargos de secretario xeral do Consello Nacional de Educación, de secretario xeral técnico do Ministerio de Educación, da Comisión de Asuntos Exteriores das Cortes e director do Instituto de Estudos Políticos. En 1962 foi nomeado ministro de Información e Turismo e, en 1973 foise ao Reino Unido como embaixador ata o ano 1975. En decembro de 1975 foi nomeado vicepresidente do Goberno para Asuntos do Interior e ministro da Gobernación, ata xullo de 1976.

En 1977 crea o partido Alianza Popular e en novembro de 1979 é elixido presidente do mesmo. É elexido deputado por Madrid de 1977 a 1986 e convírtese en xefe da oposición no Congreso dos Deputados entre 1982 e 1986.

Formou parte xunto a Gabriel Cisneros, José Pedro Pérez Llorca, Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón, Miguel Roca, Jordi Solé Tura e Gregorio Peces Barba da ponencia encargada da redacción da actual Constitución.

Tras as eleccións de 1989, Manuel Fraga accedeu, por maioría absoluta, á presidencia da Comunidade Autónoma de Galicia. Tomou posesión o 5 de febreiro de 1990. Foi reelixido neste cargo en tres ocasións máis, ocupando a presidencia de Galicia ata o ano 2005. Entre os anos 2006 e 2011 foi senador designado polo Parlamento galego.

Faleceu en Madrid, aos 89 anos, o 15 de xaneiro de 2012.

Fuente: http://www.xunta.es/in-memoriam-manuel-fraga-iribarne?p_p_id=ipecos_opencms_contact_portlet&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-2&p_p_col_pos=1&p_p_col_count=2&_ipecos_opencms_contact_portlet_content=%2Fopencms%2Fsystem%2Fmodules%2Fes.xunta


Entradas relacionadas:
 

Páginas Amarillas

Buscador Paginas Amarillas
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.