www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Entrevista con Celso Emilio para lanzar o Ano Ferreiro
 
 Enviada o 04/01/2012 na categoría: Novas
Celso Emilio Ferreiro, figura clave da cultura galega da posguerra, nacía hai un século en Celanova tal día como hoxe. O Consello da Cultura recupera a entrevista que lle fixeron María Xosé Porteiro e Xosé Antonio Perozo ao autor de 'Longa noite de pedra'. O poeta dá conta como a súa militancia política e a súa vida privada afectaron a súa obra.


Pola súa banda, a Xunta presentou este martes os actos que organiza co gallo deste Ano Ferreiro.

O programa de actos comezou este mércores, a través da iniciativa ‘100 poemas para lembrar a Celso Emilio’ e que exhibe mostras da súa poesía nos escaparates de cen establecementos públicos e privados de Celanova durante todo o ano 2012. Esta acción, coa que se pretende achegar ao público o máis significativo da poesía de Celso Emilio Ferreiro, realízase en colaboración co Concello de Celanova, mediante a edición especial dos cen poemas seleccionados xunto a un breve resumo da biografia do poeta e a referencia dos establecementos participantes no proxecto.

O Ano Celso Emilio Ferreiro contará asemade cunha exposición interactiva centrada na súa vida e na súa obra, que percorrerá o territorio da comunidade en itinerancia polas bibliotecas e os centros escolares de Galicia. Durante este ano de conmemoración levaranse a cabo dous concertos de homenaxe, a través de Axencia Galega das Industrias Culturais, coa participación de destacados intérpretes galegos que levaron aos escenarios e popularizaron poemas do autor e coa realización dun espectáculo multimedia baseado na súa figura.

O goberno salienta que a creación da páxina web oficial de Celso Emilio Ferreiro dispoñible en tres idiomas, galego, castelán e inglés, e a a celebración dunha xornada de homenaxe na Biblioteca da Cidade da Cultura, serán outras iniciativas destacadas.

O executivo salienta tamén o proxecto ‘Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro’, un reparto de poemas da autoría do escritor celanovés nas caixas do correo das rúas das cidades e vilas de Galicia que levan o nome do escritor, un total de 28 concellos.

Edición de volumes e internacionalización da lingua galega

Na liña da internacionalización da literatura galega, a Xunta de Galicia ten previsto a edición en 2012 de ‘Longa noite de pedra’ en versión inglesa, ao cargo do tradutor Jonathan Dunne e no marco da colección Galician Classics. Esta colección da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, conta co obxectivo prioritario de difundir en lingua inglesa as obras máis destacadas da literatura clásica galega. Os dous primeiros volumes editados en 2011 foron as traducións ao inglés dun poemario selecto de Lois Pereiro e ‘Xente de aquí e de acolá’ de Álvaro Cunqueiro. Nesta mesma liña de internacionalización a Xunta de Galicia editará a versión bilingüe galego castelán de ‘Longa noite de pedra’, ao cargo do profesor e crítico Ramón Nicolás, que tamén prepara unha biografía, que se sumará á homenaxe.

Así mesmo, a Dirección Xeral do Libro apoiará a edición dos artigos publicados por Celso Emilio no diario ABC, onde tiña a sección ‘Mirador literario: escrito gallego’, desde 1973 ata o seu pasamento, en 1979.

Fuente: http://galiciaconfidencial.com/nova/9324.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=facebook


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

O sitio da Festa da Dorna

Páxina web oficial da Cofradía da Dorna
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.