www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Dous homes atracaron un banco no centro de Boiro a punta de pistola e levaron un cuantioso botín
 
 Enviada o 29/07/2010 na categoría: Novas
Segundo as testemuñas, os supostos autores deste delito son dous adultos con acento suramericano


Dous individuos atracaron un banco no centro da localidade de Boiro a punta de pistola, coa que ameazaron ao único empregado que había no interior nese momento. Ocorreu onte sobre as 13 horas, na oficina do Banco Galego da avenida da Constitución, unha das zonas máis concorridas e comerciais da poboación. Descoñécese con exactitude o importe do diñeiro que levaron, pero desde a entidade bancaria falaron dun cuantioso botín, mentres que outras fontes deron a cifra de 60.000 euros.

Segundo a descrición achegada por diferentes testemuñas, os supostos autores deste delito son dous adultos con acento suramericano. Chegaron armados ao banco e dentro estiveron só un momento, o tempo de intimidar ao empregado para que lles facilitase o diñeiro. Logo déronse á fuga, aínda que se descoñece o modo en que o fixeron.

Foi o propio traballador quen activou o sistema de alarma do banco para avisar do sucedido. Os asaltantes non usaron a violencia e ninguén resultou ferido. No momento de ocorrer o atraco, non había ningún cliente no negocio. Unha traballadora dun comercio próximo di que estivo alí cinco minutos antes do sucedido e non se podía crer o ocorrido cando viu chegar á Garda Civil.

Ao lugar acudiron, ademais de representantes do Banco Galego, axentes da Policía Xudicial da Garda Civil de Noia e A Coruña, e a Garda Civil de Boiro. Tamén, acudiron o alcalde, Xosé Deira, e o concelleiro Manuel Velo .

A Policía Xudicial está a encargarse de investigar o caso. Onte examinaron minuciosamente a oficina bancaria e os arredores, tomando pegadas e fotografías. Ademais, tiñan previsto revisar con detalle as gravacións das cámaras de seguridade. A última hora da tarde comezaron coa toma de declaracións.

Polo momento, non hai ningún detido. Pola súa banda, a Garda Civil de Boiro estableceu controis en todas as saídas da localidade.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/07/29/0003_8637466.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxinas Locais

Buscador Teléfonico para a nosa comarca.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.