www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Dez medios únense para concienciar da importancia da comunicación en galego
 
 Enviada o 19/12/2011 na categoría: Novas
No marco da feira Terractiva, en Arzúa, presentábase este sábado a campaña Vitaminas para o galego. Dez medios na nosa lingua, Galicia Confidencial, Novas da Galiza, Praza pública, Radiofusión, Tempos Novos, certo.gl, quepasanacosta, O Sil, valmiñor.info e crónica3 participan neste proxecto que quere concienciar a sociedade da importancia de contar con medios na nosa lingua. O proxecto desenvolverá ao longo dos vindeiros meses concertos, presentacións e relatorios por todo o país, e editou xa diferentes elementos promocionais como paraugas ou calendarios. Segundo apuntan os promotores, un dos obxectivos da iniciativa é "axudar á supervivencia dos medios na lingua do país, así como impulsar o nacemento de novas cabeceiras".

Cabaleiro asegura que se ampliarán as axudas específicas aos medios en galego

Alfonso Cabaleiro, Secretario Xeral de Relacións cos Medios Informativos da Xunta de Galicia, asegurou onte no Consello da Cultura Galega que "a Xunta ampliará as axudas específicas para medios en galego". Cabaleiro realizou estas declaracións durante a conferencia coa que rematou a xornada sobre a situación dos medios en galego convocada polo CCG. "Antes de presentalo queremos coñecer en profundidade outros modelos similares", asegurou Cabaleiro, "a nova liña de axudas non poderá saír cando menos ata 2012".
Cabaleiro asegurou que o Goberno está traballando na reforma de varias das leis autonómicas vinculadas á comunicación. "A lei de publicidade institucional está xa desenvolvida, e imos incorporar máis criterios de transparencia". Cabaleiro tamén aludiu á reforma da lei da CRTVG e á solución do "gran problema de falla de consolidación laboral". Para o Secretario Xeral, "temos que resituar aos medios públicos na sociedade dixital". O responsable das políticas públicas de comunicación fixo fincapé no novo escenario do sector: "hai que prestar atención ás novas formas de comunicación. As axendas dos medios tradicionais xa non son hexemónicas e os novos micromedios teñen un espazo de seu".


O CGAI incrementa o seu fondo documental con cen títulos relacionados

A Consellaría de Medio Rural contaba no seu departamento cunhas 350 copias que correspondían a un centenar de filmes documentais históricos relacionados coa agricultura e co traballo no campo galego. Un material que pasará a custodiarse e analizarse no Centro Galego de Artes da Imaxe grazas a un convenio que firmaron o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, e o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez. Na listaxe de traballos hai documentais como Lúpulo, que Jesús Franciso Gonzáález de la Riva y Vidiella, Marqués de Villa Alcázar, elaborou en 1950 ou La mujer y la comunidad rural, que difunde as innovacións e coñecementos na agricultura e no medio rural.

Fuente: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=18796&soportal=avg


Entradas relacionadas:
 CULTURA Francisco Pillado: “A Feijóo Galicia interésalle como lugar de devastación, só pretende facer méritos”
 O Consello da Cultura Galega manifesta o seu fondo pesar polo falecemento do histórico intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo
 As axudas para a limpeza de montes chegaron con atraso.
 En mi casa se habla...(ou a lingua galega como coartada e ben publico privatizado)
 Descontos, lecer e cultura a rabiar para festexar a Noite Aberta do comercio de Boiro.
 Finaliza o taller de emprego Vionta de Ribeira, encargado de construír a casa de cultura de Carreira.
 A Fiestra dá Cultura terá aos mellores músicos
 Lingua galega: "Bocaberta" estará en Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Boiro e Muros durante esta fin de semana
 Política: o ribeirense Manuel Ruiz Rivas, voceiro do PP, resposta sobre lingua galega
 

O sitio da Festa da Dorna

Páxina web oficial da Cofradía da Dorna
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.