www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O PP, en contra de manter o actual sistema de prestación de material ortoprotésico tal e como reclamaba o BNG
 
 Enviada o 11/12/2011 na categoría: Novas
Ana Luisa Bouza lamenta que se abra a porta a que os usuarios teñan que adiantar o pago, acabando coa equidade social e acceso igualitario a esta prestación

Santiago de Compostela, 9 Decembro 11.- O Partido Popular expresou hoxe a súa negativa a manter o actual sistema de dispensación de material ortoprotésico, tal e como propuña o BNG a través dunha proposición non de lei, abrindo así a porta a que os doentes teñan que adiantar o pago das súas próteses e logo reclamarllas ao Sergas.

A deputada do BNG Ana Luisa Bouza, na defensa da iniciativa, lamentou o voto en contra do grupo popular e advertiu que era unha proposta sinxela, sen maior compromiso que o de “deixar as cousas como están” fronte a un modelo novo, o que se pretende impoñer, que vai ter un efecto disuasorio entre os pacientes e vai impedir o acceso igualitario, independentemente dos recursos, a esta prestación.

Para a parlamentar, ante a emenda presentada polos populares, se realmente quixeran demostrar a veracidade do seu compromiso coa xustiza social terían aceptado a proposta de transación, de tal xeito que á proposta nacionalista se sumara o compromiso de eliminar o copago ás persoas sen recursos e clasificadas como código 29, “mais o sentido do voto deixou ben ás claras –dixo- ou seu escaso espíritu social e por tanto a súa inhumanidade”.

Ana Luisa Bouza asegurou que traía esta proposición non de lei á Cámara porque na actualidade, pendentes de coñecer a continuidade en 2012 do convenio asinado xa en 2006 para dar cobertura a este sistema, existe unha preocupación entre as persoas afectadas como doentes e dos establecementos dispensadores pola falta de información.

“Poder acceder a unha prótese sen diferenzas pola situación económica –engadiu- é unha garantía de xustiza social imprescindíbel en momentos de crise como os que estamos a vivir, máximo cando o acceso á prótese pode supoñer unha diferenza de ter unha vida autonóma a non tela”.

Neste sentido, Bouza lembrou que o sistema adoptado en Galiza favorece precisamente esa equidade, de aí a importancia de manter as cousas como están e non abrir vías novas que van volver castigar aos que menos teñen.

COMPARECENCIA SANIDADE

Por outra parte, durante o transcurso da mesma Comisión, Ana Luisa Bouza aproveitou unha pregunta oral sobre as listas de espera do último trimestres para emprazar á conselleira a que dea contas na Cámara das declaracións feitas por Núñez Feijóo na “TDT Party” (en alusión a Intereconomía) anunciando novos recortes na Sanidade e “grandes ideas” para resolver as listas como cobrar por ingresar.

A deputada nacionalista ironizou coa resposta da directora xeral de Atención Sanitaria, que asegurou que os dados demostran que se vai polo bo camiño e que se están cumprindo os obxectivos, e prantexou se acaso ese obxectivo e ese bo camiño é que haxa máis de 137.000 persoas agardando por unha operación, dúas mil máis que en Setembro do ano anterior?.

A parlamentar cuestionou tamén que a directora fale de resultados “moderadamente satisfactorios” cando os tempos de espera tamén se incrementaron e tanto as cifras de persoas agardando como as de espera, 93,4 días de media, son as peores dende 2005.

Cualificou igualmente de gravísimos os dados de Povisa, onde hai 224 persoas que agardan por unha intervención dende hai un ano e advertiu que o BNG seguirá trimestre a trimestre denunciando esta realidade, “porque así nolo demandan os cidadáns. Vostedes son os que alarman e nós, a nosa obriga é denunciar”.

Fuente: http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/teletipos/nova_5985.html


Entradas relacionadas:
 

Páxina oficial de Riveira

Páxina oficial do Concello de Riveira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.