www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Ribeira: o alumeado da Praza de España comeza a funcionar este venres 25
 
 Enviada o 24/11/2011 na categoría: Novas
O martes 29 de novembro, na mesma praza, descubrirase unha escultura que conmemora medio século da empresa Frinsa

A Praza de España é saída ou meta de moitas actividades deportivas. Hai medio século, neste emprazamento comezou Frinsa del Noroeste

O Concello informou de que mañá venres polo serán procederase ao acendido do alumeado da céntrica Praza de España da cidade.

A actuación corre a cargo de Mirón y Gutiérrez, S.A., dentro do proxecto de urbanización do Rueiro. Soelga é o nome da empresa que executou a instalación.

En total son 23 as luminarias instaladas: 11 delas son luminarias sinxelas colocadas sobre postes de 5 metros, e as outras 12 son luminarias dobres, tamén sobre postes de 5 metros. Están feitas en aluminio color prata e levan lámpadas de 70 watios de aloxenuros metálicos.

Aforro enerxético

Estes elementos son dun tipo idóneo para o aforro enerxético, ao tempo que producen unha maior sensación de luminosidade.

Escultura na memoria de Frinsa

O próximo martes día 29 de novembro, ás 12 do mediodía, é a data e a hora escollidas para o descubrimento dunha escultura na céntrica praza de España de Santa Uxía, coa que o Concello quere conmemorar o 50ª aniversario da empresa Frinsa del Noroeste.

O monumento medirá 3,20 metros (incluíndo á súa base) e levará unha placa cuxa inscrición explica que esta figura é un “recoñecemento ao traballo da empresa Frinsa e do seu presidente, D. Ramiro Carregual Rey, no seu 50º aniversario”. Precisamente, a praza de España é o lugar no que hai medio século comezou a andadura da conserveira coa instalación da súa primeira factoría.

A escultura, creación do artista Miguel Couto, está feita en fundición en bronce á cera perdida. Distintas autoridades, entre elas o alcalde Manuel Ruiz Rivas e o presidente de Frinsa, Ramiro Carregal Rey, asistirán a esta efeméride.

Pode que tamén lle interese:

Ribeira: actos programados contra a violencia de xénero. Charla sobre a prostitución, actualizada

Ribeira: I expo "Arte na Taberna", venres 25
----------------------------------------------------------------
November 24, 2011
Ribeira: actos dende o mércores 23 ao venres 25 para celebrar o Día Mundial contra a Violencia de Xénero

O venres van ler na praza do Concello un manifesto institucional
O mércores inaugúrase unha exposición e o xoves haberá charlas, entre elas unha sobre a prostitución na bisbarra da Barbanza

Pola súa banda, no Ateneo Valle-Inclán este venres 25 preséntase o relato "Amareite sempre", de Carlos Mosteiro e lerase un manifesto. Organiza Altofalante.

Charla sobre a prostitución:

Ribeira, 24 de novembro de 2011. Con motivo da conmemoración mañá do Día Mundial contra a Violencia de Xénero, o Auditorio acolleu hoxe unha xornada dedicada a expoñer esta problemática, baixo o título de “A violencia de xénero: dúas perspectivas”.

A concelleira de Igualdade e Xuventude, Aroa Fernández, foi a encargada de inaugurar o evento e lembrou a importancia de erradicar unha lacra que cada ano en Galicia motiva máis de 5.000 denuncias.

O programa constou de tres charlas e a proxección dunha curtametraxe. A primeira das conferencias titulouse “Posicionamento de Médicos do Mundo ante a prostitución” e correu a cargo de Alicia Ares, da ONG Médicos do Mundo. A continuación, Eugenia Sampedro, da mesma organización, pronunciou unha conferencia titulada “Informe de resultados sobre Prostitución na comarca do Barbanza”.

77 prostitutas, 4 transexuais e 3 prostitutos

Na súa exposición, Eugenia Sampedro deu conta de varios datos recollidos pola súa institución no seu traballo nesta zona, como que na zona de Barbanza trataron un total de 84 persoas que exercen a prostitución, dos cales 77 son mulleres, 4 mulleres transexuais e 3 homes. Abundan os casos de prostitutas orixinarias de República Dominicana, ademais de Brasil, Colombia, España, Bolivia e Portugal. Algunhas das medidas promovidas pola ONG para axudar a estas persoas é a de repartir preservativos, tanto masculinos como femininos, lubricantes monodose e folletos informativos.

A terceira conferencia levou por título “A violencia de xénero dende unha perspectiva xurídica” e foi impartida por Angel María Judel Prieto, maxistrado da Audiencia Provincial. Acto seguido, tivo lugar a proxección de “Cicatrices”, de Jairo Iglesias, obra galardoada no apartado de mellor curtametraxe de ficción nos premios Mestre Matero 2006.

O alcalde Manuel Ruiz Rivas foi quen clausurou a xornada e acentuou o feito de que é o xénero masculino o que está menos concienciado acerca da importancia de librar a sociedade da violencia de xénero. Convidou a todos os asistentes a que no día de mañá venres con motivo da lectura dun manifesto ao mediodía na praza do Concello, se sumen e alcen a voz contra os malos tratos

Charlas o xoves 24

O xoves 24 de novembro desenvolverase no Auditorio Municipal unha xornada denominada “A violencia de xénero: dúas perspectivas” que constará de tres charlas e a proxección dunha curtametraxe. A primeira das conferencias estará titulada “Posicionamento de Médicos ante a prostitución” e correrá a cargo de Gemma Blanco Martínez, técnica da ONG Médicos do Mundo. A continuación, Eugenia Sampedro Pérez, da mesma organización, pronunciará a ponencia “Informe de resultados sobre Prostitución na comarca do Barbanza” mentres que a terceira conferencia levará por título “A violencia de xénero dende unha perspectiva xurídica” e será impartida por Angel María Judel Prieto, maxistrado da Audiencia Provincial. Ás 12.30 horas terá lugar a proxección de “Cicatrices”, galardoada no apartado de mellor curtametraxe de ficción nos premios Mestre Matero 2006.

Mesa de traballo

Ademais, na tarde dese xoves 24 de novembro terá lugar a constitución da primeira mesa de traballo entre institucións para a coordinación en materia de violencia de xénero, que está enfocada a profesionais que traballan nas distintas institucións con estes casos.

Manifesto o venres 25

Xa o venres 25 de novembro, ás 12 do mediodía, terá lugar na praza do Concello a lectura dun manifesto en contra da violencia de xénero con presenza dos membros da Corporación Municipal.

Aprazamento

Dentro dos actos conmemorativos, estaba mañá a presentación do espectáculo “Contos coas mans abertas” pola compañía A Tropa de Trapo e a colaboración do Fondo Galego de Cooperación. Sen embargo, esta actuación tivo que ser aprazado a última hora por motivos de saúde e en principio terá lugar no mes de xaneiro. O espectáculo está dirixido a alumnos de Bacharelato.

Ateneo Valle-Inclán: actos o venres 25

Ás 20:00 horas, preséntase a publicación "Da violencia de xénero podemos saír" e o relato "Amareite sempre", do escritor Carlos Mosteiro. Lerase a continuación o manifesto da A.C. Altofalante sobre a violencia sexista "Que non veñan con contos. Descubre o que sabes -cuestionario-".

Fuente: http://certo.posterous.com/ribeira-actos-dende-o-mercores-23-ao-venres-2


Entradas relacionadas:
 

Páxina oficial de Riveira

Páxina oficial do Concello de Riveira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.