www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Escribano: "Es el hijo puta del Feijóo ...."
 
 Enviada o 24/11/2011 na categoría: Novas
Alguén do PP "chivou" ao deputado dimitido pola Operación Arena que a Policía tiña intervido o seu teléfono. Escribano aproveitou para meterse por teléfono cos seus superiores.

O PSdeG anuncia que remitirá á Fiscalía o presunto 'chivatazo' co que altos cargos do PP alertarían ao Javier Escribano de que estaba sendo investigado pola Operación Arena.

Malia que o deputado dimitido sabía que tiña o teléfono pinchado, seguiu falando polo móbil. Iso si, falou para criticar aos seus compañeiros e dar a entender de que a cúpula do PP estaba ao tanto da investigación e deixou de abordar as xestións en favor do empresario Fermín Duarte, imputado por presuntamente subornas ao político.

Segundo publican Lorena Bustabad e José Precedo en El País, Escribano mantivo unha conversa sobre a investigación o día 22 de outubro cando, en teoría, as escoitas estaban protexidas baixo secreto de sumario.

"Los he convencido de que, como mínimo hasta que no salga algo, de aquí no me voy. Es el hijo puta del Feijoo, que me quiere cortar la cabeza", láiase o ex-líder de Novas Xeracións na Coruña. O político carga contra o presidente do PPdeG dicindo que "Feijóo, el justiciero, me quiere cortar la cabeza. Le gusta dar lecciones de moral en piel ajena".

Nas conversas Escribano protesta polas presións que sofre da cúpula do PPdeG para que dimita e acusa ao seu partido de usar unha dobre moral. O sumario tamén recolle varias reunións do ex-deputado con Carlos Negreira, alcalde da Coruña. Nelas e antes de coñecerse publicamente o caso e erguerse o segredo de sumario, Negrería presionaría ao mozo para que dimitise.

E cal é a versión dos feitos de Feijóo e de Carlos Negreira?

O presidente da Xunta foi cuestionado sobre cando se enterou da investigación na rolda de prensa do Consello de onte. Como é habitual coas preguntas que lle atinxen directamente, Feijóo non deu unha resposta intelixíbel relacionada co que se lle preguntaba.

"Actuamos con el rigor con el que debimos actuar, una vez que tuvimos conocimiento expreso de que el tribunal remite la solicitud para que se acredite la condición de aforado en la Mesa, en ese mismo momento ese diputado dimitió" foi o que dixo.

Carlos Negreira tamén declarou publicamente que non soubo da investigación até que saiu nos medios, versión que contradí de fronte o que dixo o propio Escribano nas súas conversas telefónicas, sabendo que a Policía escoitaba.

Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/8967.html


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páginas Amarillas

Buscador Paginas Amarillas
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.