![]() |
||||||||||||||||||||
Servizos![]() ![]() ![]() |
![]() O Goberno Galego negou este sábado que haxa parados de longa duración en Galicia que non teñan acceso aos servizos médicos por serlle cancelada a tarxeta Sanitaria. Segundo a CIG "existen 65.000 familias sen recursos que dende o pasado 10 de setembro poderían ter quedado sen dereito á sanidade pública". O sindicato nacionalista presentou o caso dunha parada de longa duración ao "á que lle denegaron, sen previa comunicación, o acceso á consulta e á asistencia farmacéutica gratuíta logo de que o SERGAS lle desactivase a súa tarxeta sanitaria por ser unha persoa sen recursos económicos". Sanidade asegura que a nova lei cubre "o dereito á asistencia sanitaria en Galicia, tanto se traballan como se non nese momento". Iso si, o Executivo admite que no resto do Estado español a atención non está garantida se constan sen dereito á asistencia sanitaria na base de datos da Seguridade Social. Segundo a versión de San Caetano, as dúas vías contempladas na Seguridade Social para o recoñecemento do dereito ás prestacións sanitarias para estes casos -e que dan dereito á asistencia sanitaria en todo o Estado español- son a de poñerse como beneficiario dun titular da Seguridade Social, co que conviva e do que dependa economicamente, ou solicitalo como persoa sen recursos económicos suficientes. Preto de 1.000 persoas solicitaron xa acollerse dende setembro. A CIG denuncia precisamente o contrario. Na súa versión denuncia que precisamente esa lei aprobada en setembro polo PPdeG "deixa as persoas sen recursos que solicitan a tarxeta sen dereito a ter médico asignado, a poder ser citados e a ter prestación farmacéutica". "Só se lles recoñece dereito á asistencia de urxencia" e emerxencia" conlúe a central de traballadores. Fuente: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/8988.html
|
Enlace aleatorio
Últimos Proxectos
Publicidade |
||||||||||||||||||
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos? | ||||||||||||||||||||
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es Tódolos dereitos reservados. |