www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Feijóo recoñece en resposta a Aymerich que a Xunta exclúe ás persoas sen recursos da asistencia sanitaria completa
 
 Enviada o 23/11/2011 na categoría: Novas
Pregúntalle ao presidente se coñece o protocolo polo que os PSR só teñen dereito á atención de urxencias e Feijóo resposta que hai unhas horas que resolveu esta cuestión

Santiago de Compostela, 23 Novembro 11.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu hoxe que as persoas sen recursos, é dicir, os desempregados que agotaron a súa cobertura hai máis de doce mesess, non teñen dereito a asistencia sanitaria completa, tal e como vén denunciando o BNG e que hoxe Carlos Aymerich reiterou en pleno preguntando se coñece o Protocolo remitido pola Consellería de Sanidade o pasado 29 de Setembro.

“Dende a entrada en vigor da Orde –leu textualmente Aymerich- as persoas que solicitan como PSR só teñen dereito á atención de urxencias e emerxencias”, é dicir, perden o dereito á sanidade pública universal, fican sen médico de cabecera, probas diagnósticas nin especialistas, é dicir, non teñen dereito á asistencia sanitaria completa.

Feijóo non desmentiu a existencia desta directriz e asegurou que hai unhas horas que rectificou a medida, póndose a disposición do portavoz nacionalista para que lle comunique se coñecía algún caso e comprometéndose a “volver a garantir a asistencia sanitaria” a quen nestes momentos a perdera.

Neste sentido, Aymerich lembra, por exemplo, o caso xa feito público por algún medio de comunicación, da veciña de Coruña que dende hai meses se atopa en tratamento psicolóxico por depresión e a semana pasada, ao acudir ao seu centro de saúde habitual lle advertiron que a súa tarxeta estaba inactiva, que esa vez a atenderían por urxencias pero no sucesivo tería que pagar cada consulta.

SUMISIÓN AO “GOBERNO AMIGO”

O portavoz parlamentar lamentou que a relación do Partido Popular co goberno do Estado varíe en función de se hai “goberno amigo” ou non, de tal xeito que cando non é amigo pide “firmeza e esixencia” e agora, sen embargo, “sumisión”.

“Xa dixo vostede -engadiu- que Galiza non pode ser un problema para España e boa proba é que aquí xa se están a aplicar os drásticos recortes, como o da Sanidade, que os mercados están a esixir a Rajoy”.

FINANCIAMENTO AUTONÓMICO

Aymerich preguntou se, xa que onte mesmo a conselleira de Economía recoñeceu que o modelo de financiamento autonómico, “aprobado por vostedes”, é lesivo para Galiza como sempre denunciou o BNG, vai esixir o mesmo compromiso que asumiu Rajoy en Cataluña, de mudalo conforme ás necesidades de Galiza.

Asemade, ironizou co feito de que se até o de agora os recortes que se están a aplicar responden á débeda de 800 millóns de Euros do Estado, “vai pagar o goberno amigo eses cartos?. Preguntou tamén se vai demandar do novo gobernador do Banco de España que reforme o FROB para revisar a valoración de Nova Caixa Galicia, se vai levantar o veta á construción civil de Astano e se vai garantir a Dependencia, “ou acaso tamén pensa que non é viable como afirmou Rajoy?”.

Fuente: http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/portada/nova_5962.html?uri=%2FBNG%2Fglobal%2Fseccions%2Fportada%2Findex.html


Entradas relacionadas:
 

Costa de Compostela

Páxina onde podemos encontrar tódalas empresas relacionadas co turismo do Barbanza
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.