www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



CRHISTIAN GARCIA - "Freerider" de Boiro e gañador da V Baixada "Tíralle 2011"
 
 Enviada o 17/10/2011 na categoría: Novas
"O freeride é un deporte de risco. Un despiste no fútbol pode costarche unha tarxeta, pero aquí podes quedar cunha lesión moi seria"
"Gustaríame correr o campionato galego de descenso
pero polo de agora voume centrar en gañar carreiras"

O sábado 10 de setembro Cristian García alzouse co trunfo no "Tíralle"


.- E ti de quen vés sendo?

.- Chámome Cristian García Piñeiro, teño 15 anos, vivo en Boiro e a miña afección é o mundo das bicis.

.- Cando comezastes a entrar no mundo da bici?

.- Comecei andando cos meus amigos nun circuíto que fixemos en Boiro. Non tiña pensado competir nisto do freeride, a miña intención era empregar neste deporte o tempo libre cos amigos. Pero meu pai deume a oportunidade de levarme a competir a algunha proba e así foi, non mo pensei dúas veces.

.- Quen che regalou a primeira bici?

.- A primeira, meu pai, pero tiven que cambiala porque aquela non era o resistente abondo como para saltar con ela.


Non fagan isto sen saber nin cunha bici normal: é un deporte de risco

.- Como describirías ti o "FREERIDE"?

.- Está claro que este deporte non é dos máis doados que pode haber. É un deporte moi duro, tanto fisicamente como a nivel psicolóxico. Non ten comparación co fútbol nin con deportes fáciles de practicar que están ao alcance de calquera persoa. No fútbol, por exemplo, un fallo pódeche costar unha tarxeta, no freeride, un fallo pode costarche unha lesión moi seria.

.- Levastes moitos tombos para gañar o Tíralle 2011?

.- Pois algún que outro levei, pero o que algo quere, algo lle costa. A miña mellor recompensa foi gañar o Tíralle.

.- Cres que a bici de montaña é un deporte de risco?

.- Claro que é un deporte de risco, pero é tal o aprezo que lle teño que arriscar forma parte de min.

.- Practicas algún deporte máis á parte do freeride?

.-Tamén me gusta xogar ao fútbol cos amigos, pero a maior parte do tempo adícoa aos meus adestramentos. E tamén corro no campionato galego de ciclismo de estrada.


Para practicar o "freeride" hai que ir protexido, polos posibles tombos

.- E o resto do tempo libre, que fas?

.- Adícoo a estar coa familia: é como mellor o paso, e como non podía ser doutro xeito, a estar cos amigos.

.- Lígase coa bici?

.- (Risas) Pois non sei, pregúntallo ás miñas amigas (rinse elas), pero non, neste caso creo que non moito.

.- Cal é o teu próximo reto?

.- A miña próxima meta é seguir mellorando no freeride. Se todo vai ben gustaríame correr o campionato galego de descenso, pero polo de agora voume centrar en gañar carreiras e despois mirarei a opción do descenso. Dende estas liñas quero darlle as grazas a meu pai, por todo o que fai por min, dende axudarme a practicar este deporte ata darme as facilidades de mercar unha bicicleta, e levarme ás carreiras. Tamén quero darlle as grazas a toda a directiva do Club Ciclista Barbanza, Ricardo, Santi, Jorge, Alén, Franco... e a toda a xente que dun xeito ou outro me apoia. MOITAS GRAZAS.
Información relacionada:
Resultados da V Baixada do "Tíralle" en Boiro

Fuente: http://certo.es/index.php?page=cristian_garcia


Entradas relacionadas:
 

Informática Costaweb

Nesta web damos información de todos os productos informáticos que podemos ofrecer cos seus respectivos precios
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.