www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Opinión: Gonzalo Sarasquete aos de "Cambiemos Riveira" do Facebook
 
 Enviada o 04/10/2011 na categoría: Novas
"Non se pode falar por falar cando persoas que si sabemos están escoitando. Os exemplos que poñedes: Chillida e Manrique primeiro pasárono mal e tiveron que demostrar fóra o seu prestixio e de Gaudí tendes que ler a súa vida, pragada de penalidades; nun principio só se lembrou del un primo seu que era bispo de León e os indianos de Santander, cando miltitaba no bando dos eclécticos medievalistas, antes de ser modernista.

Ademais, en Donosti hai máis escultores que don Eduardo: ninguén se lembra de Nagel ou de Oteiza! Para os que sabemos un pouquiño, PAPA-OTEIZA: calquera que se adique a isto ten que mamar del.

Pero vós non sabedes que os casos contrarios son os que abundan máis que ises que vós coñecedes? En Valencia fai non muito un caso chinmpou á prensa: a famosa” Pantera rosa “ de Miquel Navarro. Os bempensantes desta cidade quixenron tirarlle ista escultura, á que alcumaron co nome dos debuxos animados e grazas a deus non puideron porque o tempo deulle a razón e o prestixio veulle de fóra, pero na mesma cidade si conseguiron que se desfixeran pezas de calidade coma a de Sanleón.


En Vigo, máis cerquiña, adoptaron coma propio a Fancisco Leiro o do “SIRENO” que en realidade é de Cambados, despois de trunfar en Nueva York. En Cambados polo da agora só saben de Asorey.

Non se pode comparar a un escultor local, bocazas e ignorante que tivo a sorte de que na alcaldia estivese un máis inculto que el con Chillida. Fixádevos nos problemas que está a pasar a familia del co CHILLIDA-LEKU.

Media_httpfarm3static_gklbe
Gonzalo Sarasquete hai dous anos, inaugurando a efémera "Homes de Cal"

E menos mal que non faláchedes da escabrosa palabra “arte” ou “artista: iso xa son palabras maiores, isa medalla só se pon cando morres ou despois de demostralo.

Os exiliados sempre van ó ceo: hai poucos que o fagan voluntariamente.

AMAR É LOITAR: se o fas dende a ignorancia só vale para que uns amiguiños te valoren. Céibanos señor dos amigos e familiares ignorantes ben intencionados.

Un consello: lede que vos fará ceibes e non sacaredes a lingua a pacer con tanta facilidade. O mundo é moi grande e neste traballo o que máis conta é a orixinalidade, máis que o esforzo sen sabiduría.

Un probe escultor que vos quere:

Gonzalo Sarasquete

Fuente: http://certo.posterous.com/opinion-gonzalo-sarasquete-aos-de-cambiemos-r


Entradas relacionadas:
 

Visita a fraga do Triskel

Páxina web da taberna o Triskel en Ribeira
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.