www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Xogos didácticos en San Roque coa historia como marco
 
 Enviada o 15/07/2010 na categoría: Novas
Medio centenar de rapaces de Ribeira metéronse de cheo no pasado
Dólmenes, mámoas e menhires foron algúns dos termos que preto de medio centenar de críos ribeirenses, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, descubriron durante a visita ao Centro de Interpretación Arqueolóxica do parque de San Roque. Nestas instalacións, os nenos puideron pescudar, a través do xogo, aspectos etnográficos da zona, ao mesmo tempo que aprenderon a situar parte dos monumentos máis representativos da historia megalítica e castrexa da comarca.
Esta excursión, realizada no día de onte, enmárcase dentro do programa das Xornadas de sensibilización sobre ou patrimonio cultural, histórico e paisaxístico de Ribeira , co que se pretende dar a coñecer aos escolares a riqueza e diversidade do municipio de Ribeira.
Ruta
Pola mañá, os escolares acudiron ao Centro de Interpretación, lugar onde xantaron e participaron en diversas actividades deportivas e xogos de orientación. Logo diso, os nenos realizaron unha ruta de orientación e foron ata a praia do Vilar para ter un contacto directo coa flora autóctona do parque natural.
Entre as actividades do programa de tarde figuraba a visita ao Centro de Interpretación dos Ecosistemas Litorais de Galicia (Cielga), onde os rapaces puideron visualizar un interesante documental sobre o complexo dunar. á hora de finalización da xornada fíxose entrega dun obsequio aos asistentes.
En xeral, os nenos mostráronse moi participativos ante as preguntas que lles fixeron os guías e monitores. Aínda que algúns deles xa visitaran estes lugares noutras ocasións, non mostraron chisco de aburrimento e, ata, axudaron aos seus compañeiros a responder acertixos e na realización dos xogos propostos.
A promoción deste tipo de iniciativas, organizadas desde hai sete anos por parte da Concellería de Cultura e Festexos de Ribeira, está a ser todo un acerto, xa que mellora os coñecementos sobre o contorno tanto por parte dos nenos máis maiores como dos menor idade.
Os implicados sinalan que este tipo de actividade axuda a fortalecer os coñecementos adquiridos nas materias de Historia e Xeografía, á vez, que establece un primeiro contacto didáctico co entorno entre os máis pequenos.. A responsable do Centro de Interpretación Arqueolóxica, Sandra Fernández, encargouse de situar aos rapaces, empregando para iso unha maqueta que hai no recinto. Despois guiounos pola sá e os asistentes tiveron ocasión de facer un petróglifo cun quebracabezas. Tamén tiveron que buscar nun panel diferentes elementos, como unha cabra en movemento.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.com/barbanza/2010/07/15/0003_8610582.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Museo de Artes

Páxina web do museo de Artes
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.