www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



O Concello de Rianxo pon en marcha un proxecto para aforrar enerxía
 
 Enviada o 15/07/2010 na categoría: Novas
En tempo de crise, apertarse o cinto e reducir gastos é unha premisa das autoridades e en especial das locais. Neste sentido, o Concello de Rianxo non é unha excepción. O recibo da luz é unha das maiores preocupacións do executivo local e coa finalidade de reducir o seu importe, o goberno rianxeiro puxo en marcha un proxecto para minorar esta carga.
Unha das primeiras medidas adoptadas polo Concello foi realizar un plan de aforro enerxético para a piscina e o polideportivo de Rianxo.
Hai uns días, a través dun decreto da Alcaldía, adxudicouse a execución das obras denominadas de aforro enerxético en ambalas duas instalacións municipais.
A empresa adxudicataria que se encargará dos traballos é Eduardo Varela e Fillos. O importe da actuación é de algo máis de 186.000 euros. O prazo de execución é de tres meses.
Coa realización desta actuación, as autoridades rianxeiras inician un proxecto para reducir o gasto de enerxía eléctrica en edificios públicos e para iso, dirixiuse a distintas Administracións coa finalidade de buscar axuda financeira para continuar coa realización dos traballos correspondentes.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.com/barbanza/2010/07/15/0003_8610826.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

Páxina da Pobra do Caramiñal

Páxina web oficial da Pobra do Caramiñal
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.