www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



141.000
 
 Enviada o 10/08/2011 na categoría: Novas
No que vai de ano selaron a súa Compostela 141.000 peregrinos, so un 3,5% menos que polas mesmas datas do anos pasado; e iso que nos avisaban sa seca de Anos Santos que imos ter nos próximos 11 anos.


Se no 2010 tanto a prensa local compostelá coma o flamante conselleiro de Cultura se congratulaban do éxito da campaña de promoción do Ano Santo, que se vía reflectido na cifra “histórica” de visitantes e peregrinos que se achegaban ben a Compostela, agora é a coordinadora da Oficina do Peregrino quen xustifica os montes e moreas de Compostelas que se están a selar polo atractivo do 800 aniversario da consagración da catedral de Santiago de Compostela.


E eu, que son moi terco e, se queren, simplista, recórdolle ao señor conselleiro e á señora coordinadora que coa que está caendo, pasar 15 días dándolle ao pedal ou ás botas coa familia ou amigos, durmindo por 3€, comendo de bocadillo e/ou latas, ao tempo que se coñece xente, non parece mal plan. Que ao chegar a Compostela hai que ver un botafumeiro xigantesco? Pois vaise. Que facémolo camino máis rápido do planificado? Non era que esto seguía ata Fisterra?

Si é que non hai máis cego que o que non quere ver. Ou iso ou nos toman por parvos, claro.


P.D. Pasaron 2 anos e 5 meses desde que o PP de Manuel Santos Ruiz Rivas e José Luis Ramón Torres Colomer gañou a presidencia da Xunta de Galicia, a autovía do Barbanza segue sen dobre bionda e os moteiros da comarca están calados.

Fuente: http://certo.es/index.php?page=141-000


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

GALIWEB

Web de publicidade que incluye web`s galegas.
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.