www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



POLÍTICA Alcaldes do BNG presentan mañá un manifesto para "facer país"
 
 Enviada o 09/08/2011 na categoría: Novas
Rexedores nacionalistas convocan para mañá a presentación dun manifesto conxunto o obxectivo de pular polo país "dende os concellos"

"Somos conscentes". Con este lema encabézase a convocatoria que un grupo de alcaldes e alcaldesas do BNG vén de facer pública para mañá ás 12 da mañá no compostelán Hotel Virxe da Cerca co obxectivo de presentaren un manifesto conxunto asinado por varios rexedores da fronte nacionalista.

Aínda que non detallan os asinantes do manifesto, o xeito en que foi feita pública a celebración do acto amosa que non está auspiciada polo propio Bloque, senón polos propios alcaldes, que titulan o seu acto "dende os concellos facendo país gran a gran".

Tras as pasadas eleccións municipais do 22 de maio, voces internas na fronte nacionalista fixáronse nalgúns dos alcaldes do BNG visiblemente reforzados nos comicios como posibles protagonistas do futuro da formación. Así, nomes como Martiño Noriega, de Teo, Sandra González, de Tomiño, Fernando Suárez, de Ribadeo, Francisco García, de Allariz, ou Miguel Anxo Fernández Lores, de Pontevedra, foron situados como modelos de posibles vías de xestión e evolución para o Bloque.

Fuente: http://www.xornal.com//artigo/2011/08/09/politica/alcaldes-do-bng-presentan-mana-manifesto-facer-pais/2011080916485500485.html?utm_source=twitter_xornal_com&utm_medium=twitter


Entradas relacionadas:
 

Asociación "O Cabo" Corrubedo

Web da Asociación "O Cabo" de Corrubedo
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.