www.CostaWeb.es

Enseñanza, Diseño Web e Informática

 
 
 
 
 



Veciños de Fondevila protestan porque a reforma prevista hai un ano non empezou
 
 Enviada o 13/07/2010 na categoría: Novas
Habitantes deste barrio de Ribeira piden a renovación do firme e pasos máis anchos para os vehículos

Fai algo máis dun ano, os veciños do barrio ribeirense de Fondevila, un dos máis antigos da localidade, respiraron aliviados. Ao fin, o Concello de Ribeira anunciara e aprobara en pleno unha reforma integral de toda a zona, cun investimento duns 700.000 euros. A alegría foise apagando co paso dos meses, pois, a estas alturas, esta área segue deteriorándose sen que haxa o mínimo indicio de comezo das anunciadas obras. Habitantes deste barrio protestan por estes atrasos e insisten na urxencia de acometer unha reforma.

Son numerosas as deficiencias ás que fan alusión os cidadáns. Veciños das rúas Fondevila e Álvaro Cunqueiro quéixanse polo pavimento esnaquizado, polas fochancas e parches realizados no asfalto. Tamén os das rúas Carballeira e Camiño Cruxeiras consideran que o firme necesita un bo repaso.

Un habitante da zona relata que son frecuentes as fochancas: «Como aquí nunca veñen, este inverno fun reclamar ao Concello e dixéronme que tiña que deixar ou meu nome e carné de identidade, e non o fixen. Non sei por que teño que dar eu a cara cando trátase dun camiño público. Así que acabei tapando eu mesmo as fochancas, porque se non, non podía nin sequera entrar no garaxe co coche».

SINTENSE ESQUECIDOS

Os cidadáns reclaman tamén a retirada dun poste da luz que invade unha das pistas do barrio, en plena curva, ademais. «Eu xa non baixo por aí co coche por medo a dar co poste», relata un veciño. Unha muller que vive na zona asegura sentirse discriminada: «Parece que non somos de Ribeira. Todas as obras se fan non centro e aquí estamos igual que hai anos, esquecidos e sen servizos». Outro cidadán quéixase de que non cumpran as promesas: «Dixeron hai un ano que tiñan os cartos, entón non sei a que esperan, isto non ten xeito».

Tamén lamentan que os pasos son moi estreitos nalgunhas rúas, tanto que a circulación dos turismos debe realizarse con moito tino e o de certos vehículos de maior tamaño é imposible. Un dos habitantes deste barrio resume o sentir xeneralizado desta forma: «Aquí todo é vello e necesita unha renovación».

SETEMBRO

Pola súa banda, desde o Concello de Ribeira sinalan que o proxecto de reforma do barrio de Fondevila segue adiante. A principios deste ano saíu a licitación a obra e presentáronse un total de 39 empresas, unha cantidade insólita para este tipo de reformas. O contexto de recesión económica podería ser o motivo desta proliferación de ofertas.

Por este motivo, o Concello relata que examinar este elevado número de expedientes leva máis tempo do normal. Ademais, explican que nestes momentos teñen prioridade as obras que se realizan con cargo ao Fondo Estatal de Emprego e Sustentabilidade, pois os prazos son moi estritos e se non se realizan no período marcado, o Concello perde a subvención.

Unha vez rematen os técnicos do servizo municipal de contratación con este traballo, a prioridade será a reforma de Fondevila. Desta forma, anuncian que na segunda quincena de agosto poderían estar adxudicadas estas obras, e que darían comezo a principios de setembro deste ano.

SETE MESES

O prazo de execución fixado para estes arranxos é de sete meses, e o investimento a realizar rolda os 700.000 euros de orzamento. Os traballos previstos no proxecto inclúen, entre outras cousas, a recuperación da área tradicional de Fondevila, a substitución do pavimento, a delimitación dunha zona para o paso dos peóns mediante o emprego dun granito de cor avermellada, a renovación dos servizos, a substitución das tubaxes e tamén das luminarias actuais.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.com/barbanza/2010/07/13/0003_8607100.htm


Entradas relacionadas:
 
Non se encontraron entradas relacionadas.

O sitio da Festa da Dorna

Páxina web oficial da Cofradía da Dorna
Ver web ]

Ver enlaces interese
INELBA Instalaciones y servicios.
Inelba, le ofrecemos una amplia gama de servicios relacionados con las instalaciones y montajes eléctricos en general y las telecomunicaciones.  [ Ver web ]
Lampón Lampón Abogados.
Nuestra filosofía se centra en prestar asesoramiento jurídico personalizado y adecuado a las circunstancias personales de cada caso.  [ Ver web ]
Boxers do Agro das Viñas
Vos presentamos unha web onde se exhiben uns fermosos cans de competición de raza Boxer.  [ Ver web ]
Ver tódalas nosas webs
 
Portada | Diseño web | Publicidade | Informática | Contacto | ¿Dónde estamos?
© 2007 - 2015 www.CostaWeb.es   Tódolos dereitos reservados.