Saudo da Comisión

 

Este ano 2008 a nosa estatua do emigrante cumpre dez anos aloxada conosco no Castelo; queremos agradecer a todas aquelas persoas que nos axudan a levar a cabo estas festas tanto económicamente, como aportando as súas mans.

Desexamos que saibades desculparnos dos posibles erros que poidamos cometer, pero debedes lembrar que nós tamén somos persoas e de vez en cando metémo-la pata. De todos xeitos a nosa intención é pasalo ben, desfrutar das festas e da vida, con bo humor, e que todos vós disfrutedes tamén a tope. Sen máis lembrarvos que non nos vén nada mal máis integrantes na Comisión de Festas, que cantos máis sexamos mellor o faremos, e non importa si eres xoven ou non tan xoven, as vosas ideas axudarán máis que as nosas solas.

Sen máis que decir nos despedimos ata o próximo ano e desexamos, unha vez máis que exprimades estas festas ata o final e as disfrutedes como nunca e ante todo GRACIAS A TOD@S OS QUE AS FACEDES POSIBLES.

Saudo Festa Fotos Links
Páxina realizada por: Costaweb S.C. - Diseño Web, Publicidade e Informática
www.costaweb.es