GALLEROCK 2008
Outro ano máis damos a conocer un novo traballo que xa leva tres anos.
Un traballo que nin vai nin ven, que esta ahí, vai para e tira con forza.
Desde A.C.D. Bastantes LLon nos esmeramos para lograr esto. Un festival socio-cultural con charlas e concertos de distintos estilos musicais.
Dentro das dúas posibilidades, que vos guste ou non, foi o traballo de todo una no currando día a día, recollendo as palliñas todas que hai polo chan para facer un palleiro e queimalo en só tres días, que penas non ser 7.
Así que disfrutádeo.
Anticipamo-las gracias o Concello, e a todas aquelas empresas que quixeron colaborar con nós para a publicidade deste concerto desinteresadamente.
E a todas aquelas que che din adiante faino que eso e bo para o pobo e despois non dan un peso, non pasa nada, ogallá, de todo corazón para o ano vos vaia mellor e poidamos cegar lexos.
Tamén lle queremos decir a todas aquelas persoas mal pensadas que pensan que por facer esto nos forramos, decirlle que están equivocadas, xa podían decir: “haber se non quedan empufados”, facémolo por e para todos porque o nervio que temos cómenos por dentro pouco a pouco e temos que durmir de pe para non perder tempo en erguirnos.
E se non xa sabedes, neste pobo fai falta máis festa que nola pide o corpo.
SAÚDE E QUE APROVEITE.
(pincha na imaxe para entra na web do gallerock)
