HISTORIA

Deuse en dicir que a partir dos anos 60, o franquismo experimentou certa distensión e apertura, coincidente cun desenvolvemento económico e social. Riveira dotouse de Instituto de Bacharelato, Escola de Formación Náutico Pesqueira e colexios de E.X.B.

Urbanísticamente, despois de que a finais dos 50 Santa Uxía fose recoñecida como "Ciudad Blanca de la Ría de Arosa" polo seu proceso de embelecemento, a vila coñeceu un drástico troco na súa fachada marítima. A isto uniuse un crecemento un chisco caótico, algo que nos últimos anos se tenta remediar para coidar o aspecto da cidade. A principios dos anos 70, a vella casa do concello non escapou á demolición, e o seu lugar foi ocupado por un edificio con forma de caixón, sen a penas ventás, unha faciana que se volveu máis amable tras sucesivas reformas. O conxunto urbán expandiuse nos últimos 15 anos cara ó Norte e nos barrios de O Monumento e  Amarella, e acabou por engulir o areal de Padín e das Carolinas en dous dos varios recheos cos que a vila gañou espacio ó mar.

Riveira continúa a medrar, impulsada polo traballo incansable de tódolos seus cidadáns, que a converten nunha vila dinámica, chea de esperanza e de proxectos en tódolos eidos: económico, social, turístico e cultural. Co gran de area aportado por cada un, Riveira destaca aínda máis no grupo de localidades punteiras das Rías Baixas, algo que, sen dúbida, significa que estamos no bo camiño.

Información obtida de www.riveira.com

 

Páxina realizada por: Costaweb S.C. - Diseño Web, Publicidade e Informática
www.costaweb.es